MESOPOTAMIA
Será no Oriente Próximo onde por primeira vez veremos pasar das pequenas poboacións neolíticas adicadas á agricultura a formacions sociais cada vez máis complexas que tenden a facerse autónomas.
Pasamos da aldea á cidade e veremos nacer unha cultura propria chea de inventos e progreso, entre os que destaca a ESCRITURA que pon fin á PREHISTORIA.
A rexión onde terá lugar será MESOPOTAMIA (entre dous ríos) formada por un gran val fértil a carón dos ríos TIGRIS e ÉUFRATES. Alí se desenvolverán diferentes civilizacións dende o IV milenio a.C.
Cando o home coñece a agricultura e a gandería, os descubrimentos sucédense con máis rapidez. Millóns de anos para coñecer o lume, pequenas ferramentas de pedra, e agora en pouco máis de 5.000 anos son capaces de:
TRABALLAR OS METAIS, primeiro o cobre, despóis bronce, por último o ferro.
INVENTAR O ARADO para traballar a terra.
CONSTRUIR DIQUES E CANAIS para regar.
INVENTAR A RODA E A VELA, que permitiron desplazamentos máis longos por terra e auga.
LEVANTAR GRANDES MONUMENTOS na honra dos mortos e deuses. | |||||||||
INVENTAR A ESCRITURA, que pon fin á prehistoria. Táboa SUMERIA de arxila con escritura CUNEIFORME que contén recetas médicas dos físicos de Nippur (Mesopotamia). Trátase do documento médico máis antigo coñecido e consérvase no MUSEO da UNIVERSIDADE DE FILADELFIA. |
UD 10.Las civilizaciones fluviales. Mesopotamia. from Javier Anzano
ENLACES:
1- VÍDEOS SOBRE MESOPOTAMIA
2- BRITISH MUSEUM: MESOPOTAMIA (en inglés)
3- Egipto y Mesopotamia I
4- EGIPTO Y MESOPOTAMIA II
ACTIVIDADES:
ENLACES:
1- VÍDEOS SOBRE MESOPOTAMIA
2- BRITISH MUSEUM: MESOPOTAMIA (en inglés)
3- Egipto y Mesopotamia I
4- EGIPTO Y MESOPOTAMIA II
ACTIVIDADES: